ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO
  ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO
GALEGO ESPAÑOL ENGLISH
FILOSOFÍA ALIMENTOS AGROECOLOXÍA D.O.P ONDE MERCAR RECEITAS VISITAS ONDE ESTAMOS
CONTACTO
       
QUEIXO  ARQUEIXAL CREMOSO
ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar

 

 

ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar

 

 

ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar

 

 

ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar
 
   
O noso queixo cremoso é elaborado artesanalmente a partir de leite enteiro de vacas que pacen en liberdade nas brañas e praderías da comarca de Ulloa. A súa calidade está garantida polo mimo na alimentación do noso gando –excelentes pastos e herbas como o trevo–, tamén polos controis aos que é sometido –Consello Regulador da Denominación de Orixe do queixo Arzúa-Ulloa–, e pola súa feitura por mans cheas de sabedoría.

O queixo Arqueixal cremoso é un queixo de pasta branda, moi suave e manteigoso, pero non un queixo uniformizado e globalizado, de aí que a súa elaboración artesá teña en conta o contexto local e tamén os diversos padais. Nenos, adultos e vellos poden comer deste queixo como entrante, como sobremesa ou como alimento dunha boa comida lenta slow food. Recomendamos conservalo en frío –6º/8º C– envolto nun pano de tea para que conserve a súa calidade e poida respirar. Recomendamos sacalo do frigorífico polo menos unha hora antes de servilo.
   
   

 

 

   
QUEIXO ARQUEIXAL DA NABIZA
   
Este queixo “curado” é elaborado artesanalmente a partir de leite de vacas que nós mesmos alimentamos. Este é un queixo con moita tradición e arraigo na comarca, que se elabora principalmente na época da nabiza (outubro-marzo).

A súa maduración é de 4 meses, tempo no cal o volteamos e o mimamos até que se converte nun queixo dunha codia dura e de cor da palla na sega. A súa textura é firme, o seu sabor é lixeiramente salgado e con lixeiras notas a froitos secos.

Recomendamos mantelo en lugar fresco por debaixo de 15º C, ou na parte menos fría do frigorífico. Pódese deixar que siga madurando, pois co paso do tempo, o queixo vai collendo corpo, e os aromas e sabores fanse máis intensos e penetrantes. Se saca algo de mofo, lavalo con auga salgada, limpando cun pano limpo e seco. Débese consumir a temperatura ambiente, cortando en forma de cuña e en láminas finas.
   
         
O IOGUR ARQUEIXAL
    Sen conservantes nin colorantes, é un “ecoiogur” natural elaborado a partir de leite ecolóxico de vaca. De sabor caseiro e suave, crea unha sa dependencia e adicción.

Presentado en dous envases de vidro reciclábel, un de 400 grs. (un “pequeno detalle”) e outro de 700 grs. (tamaño familiar), o consumidor ten a posibilidade de colaborar activamente no coidado do medio natural simplemente co seu consumo.

A textura do iogur Arqueixal non é sempre a mesma, senón que varía segundo a materia prima (o leite das nosas vacas), e iso depende do que as nosas vacas coman durante o ciclo agrícola anual (diferentes tipos de herbas e cereais). Esta heteroxeneidade só é un signo de garantía de calidade para o consumidor. Desta maneira o leite non se estandariza como nos procesos de produción industrial, por iso a materia graxa do iogur é a cantidade de materia graxa natural do leite.

Tampouco se enriquece “con calcio” ou “sólidos lácteos” porque o leite Arqueixal é enteiro e con máis calcio que o leite industrializado. Polo tanto a textura e presentación do noso iogur é un valor e non un defecto, que só beneficia ao consumidor e garante a súa calidade.

   
O LEITE ARQUEIXAL
    O leite pasteurizado ecolóxico Arqueixal provén das nosas vacas que pacen en pradarías nas que non se empregan nin abonos químicos nin pesticidas, sendo a base principal da alimentación o pasto composto dunha flora moi variada.

O envasado natural sen homoxeneizar en botella de vidro retornabel fai que sexa o envase que mellor conserva todas as características organolépticas do leite ecolóxico.
   
         
   
novodesenho_ Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS