ARQUEIXAL AGROTURISMO
ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO
 
GALEGO ESPAÑOL ENGLISH
FILOSOFÍA ALIMENTOS AGROECOLOXÍA D.O.P ONDE MERCAR RECEITAS VISITAS ONDE ESTAMOS
CONTACTO
AGROECOLOXÍA
ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar
 
 
 
    A Agricultura Ecolóxica é unha forma alternativa de enfocar a produción agraria baseada no respecto pola contorna que nos rodea, producindo alimentos sans e de máxima calidade, actualizando os coñecementos técnicos e científicos. Para acadar estes obxectivos aplícanse unha serie de técnicas que deben:
Estar integradas no agrosistema, de forma que non provoque impactos ambientais.
Potenciar a fertilidade do solo e a capacidade produtiva garantindo a continuidade da produción agraria.
Respectar os ciclos naturais dos cultivos e darlle aos animais unhas condicións de vida saudábel.
Non engadirlle aos alimentos substancias que sexan prexudiciais para a saúde ou que mingüen o seu valor alimenticio.
O consumidor actualmente pode adquirir os produtos de agricultura ecolóxica en diferentes puntos de venda; grandes superficies, asociacións de consumidores, tendas especializadas, etc. Procurando sempre a etiqueta identificativa do organismo de control correspondente e a referencia de cultivo ecolóxico. A  falta dunha lexislación eficaz que identifique os alimentos transxénicos fai do aval de Agricultura Ecolóxica, a garantía máis fiábel de que un alimento non contén compoñentes manipulados xeneticamente.

A agricultura actual separouse tanto do medio, que se converteu nun dos seus peores inimigos. A xeneralización do uso de fertilizantes de síntese química provoca a degradación do solo, a auga e o ar.

A Agricultura Ecolóxica evita estes problemas ao empregar só produtos e métodos naturais. Tíraselle proveito ao potencial produtivo do solo, manténdoo como un sistema vivo e mellorando a súa fertilidade natural. Créanse sistemas equilibrados, con plantas fortes e sas, de forma que os propios procesos naturais e a resistencia dos cultivos sexan dabondo para evitar pragas e enfermidades.

O gando críase nun ambiente propio
e natural, alimentándose de forma equilibrada. Así evítase recorrer ao uso de substancias ou técnicas que poidan danar o medio.

A  Agricultura Ecolóxica precisa sistemas diversos, nos que a variedade de cultivos, as sebes, a herba ao pé dos froiteiros, os estercos verdes, a vexetación das marxes e ribadas… xeran ecosistemas ricos e de grande valor ambiental.

En definitiva, mantense un agro-ecosistema complexo e vital, relacionado intimamente coa natureza.

—————————————

Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia
www.craega.es


   
   
novodesenho_ Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS
 
ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO